Desalojo violento de los estudiantes MENORES DE EDAD encerrados en la biblioteca de Ourense – VIDEO

Esta madrugada, cara as 2:30h., a policía española desaloxou violentamente ás estudantes, algunhas menores de idade, que permanecían pechadas na biblioteca municipal de Ourense dende a tarde de onte, en protesta contra os recortes no ensino público e as medidas de privatización e elitización da universidade.

Ante esta situación, denunciamos a actitude policial, non só alarmante pola violencia física, senón tamén polos insultos e faltas de respeto cara ás estudantes. Así mesmo, a brutalidade á que xa estamos afeitas saldouse tamén con danos materiais, tanto nas instalacións como nas pertenzas das estudantes agredidas.

Dende a Liga Estudantil Galega queremos mostrar o noso apoio ao estudantado ourensán, así como rexeitar rotundamente, mais unha vez, a intervención policial, represora, violenta e sen escrúpulos, ao servizo do poder e non cumprindo o papel que se lle presupón, de velar pola seguridade de todas nós.

Seguiremos loitando na defensa dos nosos dereitos!

As concentracións de solidaridade co desaloxo en rexime de autoconvocatoria serán hoxe, mércores 30:

  • Lugo: ás 19.00 diante de Intercentros
  • Compostela: ás 19.00 no Toural
  • Ourense: ás 20.00 diante da Subdelegación do goberno
  • A Coruña: ás 20.00 diante do Obelisco
  • Vigo: ás 21:00 na Farola

http://www.youtube.com/watch?v=aPdIc-MC25U&feature=colike

http://ligaestudantilgalega.info/desaloxo-violento-do-pecheourense/

Una respuesta a “Desalojo violento de los estudiantes MENORES DE EDAD encerrados en la biblioteca de Ourense – VIDEO

  1. Pingback: Desalojo violento a estudiantes menores·

Deja un comentario

Este sitio utiliza Akismet para reducir el spam. Conoce cómo se procesan los datos de tus comentarios.